CLIENTES

 

Particulares

Ofrecemos un trato personalizado, proporcionando respostas rápidas, precisas e eficaces ás cuestións formuladas polos nosos clientes, buscando sempre a solución máis idónea para os seus intereses. Todo isto, dende a máis absoluta transparencia tanto na realización dos traballos encomendados coma no custo económico final de ditos procesos.

 

Empresas

Ofrecemos a posibilidade de concertar un sistema de prestación de servizos comunmente coñecido como “Iguala”, en virtude do cal e mediante o pago dunha cota periódica (xa sexa mensual, trimestral ou anual), incluímos todos os servizos xurídicos previamente pactados entre ambas partes. Deste xeito, as empresas teñen facilmente presupostados os honorarios que por servizos xurídicos deberán abonar en cada exercicio, á vez que se axilizan as xestións para ambos.